O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, Vicente Mariño e Francisco Suárez-Puerta compareceron hoxe para responder ás declaracións da conselleira de Política Social, Fabiola García, no Pleno do Parlamento de Galicia en relación á escola infantil de Aguiño.
“Non se pode paralizar nada que non foi iniciado” explica o alcalde de Ribeira, “cando se convocou a orde de subvencións para a construcción de escolas infantís en outubro do ano 2022, o goberno do Partido Popular non solicitou dita subvención”.
O 9 de maio de 2023, durante a campaña electoral, a consellería de Política Social anuncioua concesión da axuda para a construcción infantil pública na parroquia de Aguiño. “Onde están eses 240.000 euros que prometeu a conselleira?” cuestiona Pérez Barral, “acabamos de comprobar co persoal técnico que esa subvención nunca foi solicitada”. Ademais, segundo explica, a Xunta non asume os gastos relativos á contratación de profesorado, mantemento ou material escolar; “o que non pode facer a Xunta é castigar á veciñanza de Aguiño porque no Concello xa non haxa un goberno do Partido Popular” concluiu. Vicente Mariño acusa á conselleira de mentir no Parlamento, “intentaron vender unha concesión que non existía, todo foi propaganda electoral”. Segundo explica o tenente alcalde, no caso de que se construíra a escola municipal; o terreo, o equipamento, o mantemento e o persoal correrían a cargo do Concello. “A achega económica da Xunta aos municipios é dun tercio dos gastos totais, a pesar de que a materia de Educación é competencia autonómica”.
Pola súa parte, Francisco Suárez-Puerta afirmou que o Concello “está disposto a ceder terreos e está a traballar para que Ribeira forme parte do Programa das Galiñas Azuis” pero explica que as arcas municipais non poden asumir os custos derivados desas instalacións. Ademais, instou á Xunta a explicar “donde está a residencia de anciáns que se comprometeuca facer en Ribera e que actualmente non consta nos orzamentos da Xunta”.
Dende o equipo de goberno reclaman á Xunta que asuma as súas competencias para construír a escola municipal de Aguiño e piden que non se empregue o Parlamento de Galicia para atacar ao goberno municipal.