Friday 22 de November de 2024

O restaurante o Cadaval acollerá este venres a proxección do documental “Frades, un baile coa terra”


Contará coas intervencións do alcalde de Frades, do delegado territorial da Xunta e do director da produtora do vídeo

“Frades, un baile coa terra”. Este é o título do documental sobre a actividade económica, cultural, turística e patrimonial do municipio que se estreará este venres 27 de outubro, ás 20:00 horas, no restaurante O Cadaval (Frades). A asistencia é totalmente de balde, se ben é preciso reservar praza antes do xoves 26 de outubro chamando ao 609 572 820 ou a través dos correos comunicacion@xurdir.com ou mkdixital@xurdir.com.

O acto estará presentado pola xornalista Ánxela Loira e contará coas intervencións do alcalde de Frades, Roberto Rey; o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; e do director de Xurdir, Ignacio Seijo. “Frades, un baile coa terra” está producido por Xurdir Produccións Audiovisuais en colaboración co Concello de Frades e conta co patrocinio do Grupo Soutocarrillo, Erimsa Frades, Central de Frades Sociedade Cooperativa Galega, Mymelec Enerxía, Construcciones José Lagares SL, Boibel Forestal, Finca Restaurante O Cadaval, Muebles Souo, Meilán, Pirotecnia del Nortes, Progando Abellá e A tenda de Darío, produtos do agro.