Saturday 16 de November de 2024

A Coruña celebrou o Día das Bibliotecas con numerosas propostas para achegar a lectura a todo tipo de públicos


Gonzalo Castro, concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, estivo presente no encontro coas bookstagramers Littera Lupa e Surfeando libros

O Concello premiou aos usuarios máis veteráns da rede de bibliotecas e tamén a aqueles que máis libros solicitaron en préstamo

O Concello da Coruña, a través da súa Rede de Bibliotecas Municipais, organizou este Día das Bibliotecas diferentes actividades para achegar alectura a todo tipo de públicos. Os actos estiveron repartidos nos diferentes espazos municipais da cidade.

Un dos actos centrais deste día foi o encontro coas ‘bookstagramers’ Littera Lupa e Surfeando Libros, que tivo lugar na Biblioteca de Durán Loriga e que contou coa presenza do concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro. O edil destacou o papel das bibliotecas e das súas persoas traballadoras ao longo do ano para atraer novos socios e socias, dedicación que lles valeu o premio Follas Novas.

Ademais, neste acto rendéuselle homenaxe aos usuarios e usuarias máis lonxevos. Recibiron unha distinción por este feito: Alejandro Sánchez Carballada, Alicia Alemparte Penide, Eva Rosa Uceira Rey, Lorena Couceiro Rocha, María Luisa López Lago, Eva Cotelo Pérez, Beatriz Vilaverde Santamariña, Noa Torres Martín e Paula Navarro Otero. Ademais, tamén se entregou un agasallo ás persoas que máis préstamos solicitan, que foron os seguintes: Eliseo Loureiro Pombo, José Javier Villar Deza, Andrea Vanesa Zotta Diz, Manuel Castro Taboada, Luciana Martínez Lado, Sandra Couto Varela, Francisco Pérez Ponte, José Antonio Couto Verdía e Iván Saturnino Bravo Martín.