Saturday 16 de November de 2024

Bionic, danza este sábado no Gabriel García Márquez de Mera


O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, a Compañía Entremans presenta o espectáculo de danza Bionic. As entradas teñen un prezo de 4 euros e poderanse adquirir desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

Bionic é o novo espectáculo da compañía Entremans, creado e dirixido polos seus propios intérpretes Armando Martén e Ana Beatriz Pérez. Con banda sonora orixinal e interpretada en directo por Ismael Berdei, a peza e un encontro poético entre disciplinas onde a luz, o son e o movemento comparten universos. Inspirada na simbiose entre o biolóxico e o artificial, reflexiona sobre como a tecnoloxía nos seduce a mellorar as nosas vidas sen quebrantar a capacidade humana de sentir.