Friday 22 de November de 2024

O alcalde de Culleredo recoñece no pleno a súa neglixente xestión na contratación do Concello


Alternativa dos veciños de Culleredo leva varios anos manifestando a situación irregular na que se encontran os contratos dos servicios públicos no Concello. Vimos de celebrar un pleno extraordinario co que se pretende poñer fin a tal situación.

O propio Alcalde, unha vez preguntado polos representantes de Alternativa dos veciños a cerca dos motivos que levan a que no Concello de Culleredo non se cumpra co establecido na Lei de contratos do sector público, así como, que algúns contratos leven caducados cerca de 11 anos, veu a recoñecer a súa responsabilidade, asumindo a falta de xestión debida. Finalmente o pleno aprobou por unanimidade a necesidade de regularizar a situación sacando a licitación pública os contratos cumprindo de este xeito ca legalidade vixente.