Thursday 21 de November de 2024

O orzamento pantasma da Xunta para continuar a vía Ártabra en 2024


Os 210.000 euros que a Xunta “vai dedicar” á Vía Ártabra o ano próximo son unha falta de respecto ás urxentes necesidades de mellora viaria da cidadanía da comarca da Coruña. O Goberno autonómico debe abandonar a política de propaganda e dar os pasos necesarios para rematar a conexión da Ártabra coa AP-9, para poder continuala posteriormente ata a A-6.

Antes de publicitar as súas vergoñas con partidas tan testemuñais que non chegan para nada, a Xunta debera iniciar con axilidade os trámites que permitan desbloquear a construción desta estrada, necesaria non só para a reconexión de Lorbé, Oleiros, Sada e Cambre, senón para vencellar con máis eficacia viaria os importanes polígonos comerciais da zona tanto coa AP-9 como coa A-6 e resto da rede, permitindo eliminar tráfico de paso en todo o eixo da N6 e a Costa da Tapia, entre outros.

Pese a estes misteriosos xogos da Xunta cos investimentos en ano electoral, Alternativa continuará reclamando do Goberno autonómico o remate deste viario que acumula retrasos, torpeza administrativa e o boicot do Goberno de Cambre para que non se constrúa debido aos intereses particulares dun concelleiro.