Desde o mércores 25 de outubro ata o xoves 2 de novembro, ambos incluídos, estará aberto o prazo para a votación final das propostas de investimento que foron más apoiadas pola cidadanía
O apoio definitivo ás propostas seleccionadas poderá facerse en liña e en 12 espazos de votación presencial situados en distintos puntos da cidade
Comeza a última fase da sétima edición dos Orzamentos Participativos do Concello da Coruña coa votación final dos proxectos seleccionados na fase de apoios na que participaron 3.514 persoas.
Os diferentes servizos municipais realizaron a avaliación técnica e a valoración económica das propostas que tiveron maior número de apoios. Nesta edición o límite situouse nun mínimo de 60 apoios para as propostas de cidade e as catro primeiras de cada distrito.
Ditas propostas poderán votarse do 25 de outubro ata o 2 de novembro para acadar a súa inclusión no proxecto de orzamento municipal do vindeiro ano 2024. As normas básicas para participar nesta fase son as seguintes:
1. Calquera persoa maior de 16 anos e empadroada na cidade pode votar as propostas que seleccione.
2. Non é preciso ter participado nas fases anteriores presentando propostas ou apoiando.
3. Cada persoa poderá votar propostas da partida de toda a cidade ata o límite de 1.000.000 de euros e ademais propostas nun máximo de tres distritos, ata o límite de 150.000 euros en cada un deles.
4. A participación estará habilitada, igual que nas fases anteriores, a través da plataformanacorunacontas.coruna.gal e, para facilitar a participación de toda a cidadanía,
poderá votarse tamén de maneira presencial.
Deste xeito, habilítanse 12 espazos de votación presencial en urna, que serán os seguintes:
● Mércores 25 de outubro no Centro Cívico Municipal Novo Mesoiro en horario de tarde,
de 16.00 a 19.00 h.
● Xoves 26 de outubro no Centro Socio-Cultural Ágora en horario de mañá, de 11.00 a
14.00 h.
● Xoves 26 de outubro no Polideportivo San Diego de 17.00 a 20.00 h.
● Vernes 27 de outubro no Fórum Metropolitano en horario de mañá, de 11.00 a 14.00h.
● Venres 27 de outubro na praza de María Pita en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 h.
● Sábado 28 de outubro na praza de Lugo, en horario de 11.00 a 14.00 h.
● Luns 30 de outubro no Mercado de Elviña, en horario de 11.00 a 14.00 horas
● Luns 30 de outubro no Centro Cívico Municipal Castrillón en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 h.
● Luns 30 de outubro no centro comercial Espacio Coruña en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 h.
● Martes 31 de outubro no acceso á Casa da Auga en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 h.
● Mércores 2 de novembro na praza das Conchiñas en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 h.
● Mércores 2 de novembro na praza Elíptica dos Rosales en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 h.
Para participar de maneira presencial e votar fisicamente nas urnas só será preciso achegarse libremente a calquera destes espazos, nos horarios indicados, e presentar o DNI ou documento identificativo. Non é necesario pedir cita e calquera persoa, de calquera barrio, pode votar en calquera dos puntos de votación presencial habilitados.