O Concello convoca unha nova liña de subvencións para clubs deportivos municipais para a adquisición de material deportivo. Estas axudas, dun máximo de 4.000 e 10.000 euros en función da actividade deportiva, son compatibles coas subvencións anuais municipais de fomento do deporte.
O importe dedicado a esta convocatoria é de 30.000 euros, e as achegas concedidas ao abeiro desta convocatoria son compatibles con outras que puidesen obter as entidades beneficiarias para o mesmo obxecto. Os gastos subvencionados serán os realizados no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2023. Serán considerados gastos subvencionables as embarcacións de remo (banco fixo e banco móbil) cos seus accesorios, colchonetas para a configuración de tatamis, tapices de ximnasia rítmica, mesas de tenis, altofalantes subacuáticos, pista ou tapiz de esgrima, remoergómetros…
As solicitudes poderán presentarse a través da Sede Electrónica desde mañá ata o día 10 de novembro.
BASES: https://www.oleiros.org/documents/39407/0/Bases+subvenci%C3%B3ns+entidades+deportivas+compra+de+material.pdf/52e3389e-300a-56d7-30df-1f2aa123fa25?t=1698066500834