Membros do goberno de Ribeira mantiveron unha reunión na parroquia de Aguiño para abordar as actuais obras que o Concello está levando a cabo na rúa Castelao; nun esforzo por “consensuar coa veciñanza as actuacións que se están a realizar” segundo afirmou o rexedor Luís Pérez Barral.
Atendendo ás demandas da veciñanza, o novo goberno intentará “adaptar o sentido da circulación na rúa Castelao e as rúas colindantes para evitar problemas no tránsito do tráfico” afirmou Vicente Mariño. Tamén se manterán as zonas verdes existentes e realizaranse actuacións para mellorar a accesibilidade ao Centro de Saúde. “Estivemos estudando tódalas alternativas posibles xunto cos técnicos do Concello para acadar tódalas melloras posibles neste proxecto” explicou Luís Pérez.
O rexedor e o tenente de alcalde, Vicente Mariño, reafirmaron asimesmo o seu compromiso para realizar actuacións na rúa Francisco Lorenzo Mariño e mellorar a accesibilidade da mesma. “Seguiremos a realizar reunións en Aguiño; porque a veciñanza é a que mellor coñece as necesidades da parroquia e ten dereito a decidir donde se destinan os recursos do Concello” concluiu Luís Pérez.