Friday 22 de November de 2024

Obradoiro de Emprego Tahume IX


O concello de Ribeira publicou as bases para a selección de alumnado e persoal docente para o Obradoiro de Emprego Tahume IX, programa mixto de emprego e formación promovido polo Concello de Ribeira xunto co Concello de Porto do Son.

Este programa está “dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas e abordar de xeito efectivo as necesidades de emprego do noso municipio” explica a concelleira de Emprego e Promoción Económica, Genoveva Betanzos. As especialidades a impartir este ano son; Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Haberá 10 prazas para alumnado por cada Concello; e as persoas interesadas en participar deben estar inscritas na Oficina de Emprego e manifestar alí o seu interese en participar no Obradoiro de Emprego. Asimesmo contratarase un director para o obradoiro, dous mestres para ambas especialidades, un titor, e unha persoa para tarefas de administración.

Unha vez se teña a listaxe das persoas candidatas remitidas pola Oficina de Emprego, ogrupo de traballo, formado por dúas persoas do Concello de Ribeira e dúas do Concello dePorto do Son, encargarase de comunicarlles ás persoas candidatas o prazo para presentar a documentación e o calendario das probas de selección.