Monday 25 de November de 2024

Volve a actividade ‘A trastenda do Aquarium’ para coñecer o funcionamento interno do museo


As entradas para participar poderán adquirirse desde o mércores 25 ás 10.00 horas na páxina web dos Museos Científicos Coruñeses

O sábado 28 de outubro de 11.30 a 13.30 horas terá lugar unha nova edición de ‘A trastenda do Aquarium’, unha actividade que ofrece a posibilidade de coñecer, da man do persoal técnico do Aquarium Finisterrae, as instalacións necesarias para o control e manexo dos millóns de litros de auga mariña que pasan cada día polos seus tanques. O Goberno de Inés Rey, con esta iniciativa, busca achegar á poboación o traballo diario nos Museos Científicos que non se ve nas visitas convencionais.

Tamén será unha oportunidade para descubrir os principais recursos que se empregan en manter as condicións biolóxicas e ambientais adecuadas para os seres vivos que alberga ocentro. A visita está concibida ademais para ofrecer a posibilidade de responder en directo á curiosidade cidadá sobre o funcionamento do acuario da cidade, un dos tres Museos Científicos Coruñeses.

A iniciativa está pensada para un máximo de 12 persoas, que deberán ser maiores de 16 anos e non ter problemas de mobilidade, xa que o itinerario discorre por corredores estreitos, espazos con alta humidade e, en ocasións, teitos de pouca altura. O prezo da actividade é de 10 € e as entradas poderán adquirirse desde o mércores 25 ás 10 h na páxina web ticketing.coruna.gal/mc2/trastiendaaf.