A concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, supervisou o desenvolvemento da proba na praza de María Pita
A concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, asistiu esta mañá ao desenvolvemento dun simulacro de sinistro viario. O acto forma parte da programación da Semana da Prevención de Incendios, organizada polo Concello en colaboración coa Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros.
“A Coruña é pioneira na celebración desta Semana da Prevención e o Goberno de Inés Reu seguirá apostando por achegar á sociedade formación e consellos contra os incendios da man do noso corpo de Bombeiros”, sinalou Paz. O programa, que dura ata o luns, inclúe diferentes accións formativas gratuítas destinadas a público de todas as idades, prestando especial atención aos máis pequenos. As instalacións de María Pita están abertas ao público de 10.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.00 horas.
O simulacro de siniestro viario é un dos actos centrais desta programación. Persoal do corpo de Bombeiros da Coruña, coa colaboración de Protección Civil. Numerosas persoas achegáronse a María Pita para asistir a esta exhibición e aprender conceptos básicos sobre como actuar durante unha excarcelación.