O alcalde do Concello de Ortigueira, Valentín Calvín, reuniuse na xornada de onte coa técnica do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, para abordar distintos temas de interese e relevancia para o municipio.
Entre eles, atópanse o proxecto para a rehabilitación da Escola Unitaria de Loiba, financiado a través do Instituto de Transición Xusta cun importe de 750.000 €. O inmoble será o primeiro albergue do municipio vinculado ao Camiño de Santiago.
Tamén se abordou a presentación de solicitudes por parte do goberno local a distintos programas. Entre eles, están a rede cultural Dinamizart ou un programa de axudas para o reto demográfico.
Por último, tamén abordaron os proxectos cos que se traballará na seguinte convocatoria de Infraestruturas.