O Concello vai subvencionar ás ANPAS dos colexios públicos do municipio para reducir o custo do comedor escolar dos nenos e nenas do municipio e así facilitar a concilicación. As familias interesadas en beneficiarse desta subvención municipal deberán dirixirse ás ANPAS para solicitalo.
Ademais desta liña de axudas, o Concello asume o 100% do gasto de comedor escolar dos nenos e nenas de familias en situación de vulnerabilidade, para garantir que accedan aos comedores para a cobertura das necesidades básicas da súa alimentación.
Entre unahs e outras, o investimento municipal é de 130.000 euros.