A Asociación de Novos Empresarios e Empresarias da Provincia da Coruña celebrou unha reunión produtiva co Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira. O encontro e contou coa presenza da nova presidenta, Eva Rosende, e a nova secretaria de organización, Aida Cordeiro. Ademais na devandita reunión tamén participou Avia Veira, deputada provincial do BNG.
Nesta reunión, as representantes da nova xunta directiva de AJE A Coruña tiveron a oportunidade de presentarse oficialmente #ante o Vicepresidente da Deputación e falar sobre os próximos proxectos e accións destinados a fortalecer o tecido empresarial e fomentar o emprendemento na provincia da Coruña.
Eva Rosende, a recentemente nomeada presidenta da Asociación, expresou o seu entusiasmo e compromiso para traballar en estreita colaboración coas institucións públicas, como a Deputación, co obxectivo de apoiar ás persoas mozas do tecido empresarial. Subliñou a importancia da colaboración público-privada e o papel esencial que desempeña AJE A Coruña no desenvolvemento económico e social da provincia. Pola súa banda, Aida Cordeiro, compartiu detalles sobre os próximos proxectos e programas que a asociación ten previstos para impulsar o emprendemento e o desenvolvemento empresarial na provincia. Estes proxectos inclúen capacitación, asesoramento, eventos de networking e campañas de promoción empresarial.
O vicepresidente Xosé Regueira destacou o traballo da entidade e reafirmou o compromiso da Deputación para colaborar estreitamente na implementación de iniciativas conxuntas que impulsen o crecemento económico da provincia. Esta reunión marcou o inicio dunha nova etapa de colaboración e traballo conxunto entre AJE Provincia da Coruña e a Deputación, en beneficio do tecido empresarial e o emprendemento na provincia. Ambas as partes están comprometidas en fortalecer esta alianza estratéxica para o desenvolvemento económico e o benestar da comunidade.
Sobre a AJE Provincia da Coruña
A Asociación de Novos Empresarios e Empresarias da Provincia da Coruña é unha organización dedicada a apoiar e promover o espírito emprendedor e o crecemento de empresas dirixidas por mozas na provincia da Coruña. A asociación traballa en estreita colaboración con institucións públicas e privadas para ofrecer oportunidades de desenvolvemento empresarial e contribuír ao progreso económico da rexión.