Friday 22 de November de 2024

Inés Rey: “Una auténtica smart city debe acompañar el uso de la tecnología con el desarrollo de políticas industriales como en A Coruña”


Destacou a Cidade das TIC e a AESIA como os elementos centrais do desenvolvemento futuro da cidade

A alcaldesa e vicepresidenta primeira da FEMP interviu na apertura do III Congreso Nacional da Rede de Cidades Intelixentes de España

Situou a intelixencia artificial e o big data como principais ferramentas de planificación na mobilidade urbana

A alcaldesa e vicepresidenta primeira da FEMP, Inés Rey, abriu esta mañá o III Congreso Nacional da Rede de Cidades Intelixentes de España celebrado en Madrid. A rexedora destacou a necesidade de que a incorporación tecnolóxica ás cidades veña acompañada de desenvolvemento empresarial. “Una smart city debe también crecer en el campo de la economía de las TIC, por eso en A Coruña acompañamos el desarrollo municipal con políticas industriales” sentenciou, en referencia á Cidade das TIC e AESIA.

Na xornada na que tamén interviron Luis Martínez-Sicluna, secretario Xeral da FEMP; José de la Uz, vocal da RECI e alcalde das Rozas; e Gema Igual, vicepresidenta da RECI e alcaldesa de Santander, Rey explicou que as cidades contan cunha intelixencia propia, froito do seu tecido social, empresarial e urbanístico que contén unha grande potencialidade. “Nada de lo que pasa en una ciudad es ajeno al Ayuntamiento, pero no siempre contamos con los recursos necesarios para cumplir con nuestra función y la apuesta por las ciudades inteligentes es una ayuda indispensable” sentenciou.

A alcaldesa expuxo que A Coruña foi unha das cidades fundadoras da Rede de Cidades Intelixentes, traballando dende hai máis dunha década nese eido. O Goberno de Inés Rey vén apostando por novos sistemas de tráfico coa renovación do CIMOB e infraestruturas para vehículos eléctricos como o novo sistema de Bici Coruña.

Mesa institucional – ‘El futuro de las ciudades inteligentes’

Logo da apertura do III Congreso Nacional da Rede de Cidades Intelixentes, Rey interviu como relatora nunha mesa institucional baixo o título ‘El futuro de las ciudades inteligentes’.

A rexedora situou a intelixencia artificial como a principal ferramenta de coñecemento e planificación do desenvolvemento urbano e tecnolóxico das cidades. “Nadie duda que la Inteligencia Artificial es ya el presente, por lo que el reto no es implementarla, sino controlarla y dirigirla” sinalou alcaldesa.

Nese sentido, a rexedora reivindicou o papel de liderado que terá A Coruña como sede da primeira Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA). “No sólo incorporaremos recursos tecnológicos como otras ciudades, sino que les haremos seguimiento desde el momento de su creación lo que nos hará ser una de las principales potencias tecnológicas de Europa” explicou Rey.

A alcaldesa enumerou as diferentes accións que se levaron a cabo dende o Concello da Coruña como cidade intelixente, entre as que destacou a APP Cidadá, que á súa vez integra outras habilitadas no pasado mandato como a de Bici Coruña ou a Millenium Próxima, para o pago do billete no autobús urbano. Esta última conta na actualidade con 33.550 persoas usuarias en activo. A nova APP Cidadá, que conta cun total de 12.011 usuarios entre iOS e Android, tamén incorpora outras funcionalidades como o trámite e pago de recibos municipais, a creación de incidencias na Plataforma de Sugerencias e Reclamacións IRIS2 ou información sobre o tráfico da cidade e axenda cultural e de eventos.

Respecto á fenda dixital, Rey desgranou as diferentes actividades municipais para a de alfabetización dixital que se levan a cabo, como os cursos nos Centros Cívicos ou o Servizo de Atención Tecnolóxica dispoñible nas Bibliotecas Municipais. Rey engadiu que “en materia de inclusión en tecnología, nos limitamos a hablar de la brecha digital respecto a nuestros mayores y nos olvidamos de las personas con discapacidad” e destacou a renovación do rexistro municipal, con vídeos informativos en lingua de signos e o novo servizo de videointerpretación de lingua de signos para persoas xordas. “Todos los puestos disponen de una tablet con la que contactar en directo con un intérprete y facilitar la gestión de las consultas para este colectivo” concluyó.

Tamén participaron Michael Donaldson, comisionado de Innovación Dixital, Administración Electrónica e Bo Goberno do Concello de Barcelona; Juan Ramón Adzuara, deputado de Fondos Europeos, Administración Electrónica e Innovación na Deputación de Valencia; Antonio Pérez, alcalde de Benidorm e presidente da Deputación de Alicante; e Gema Igual, vicepresidenta da RECI e alcaldesa de Santander.