Entre outros puntos, visitaron o Arsenal Militar, o museo da construción naval e o santuario.
Un centenar de laracheses participou durante o día de onte na excursión a Ferrol e San Andrés de Teixido que organizou o Concello para veciños maiores de 55 anos, xubilados ou pensionistas.
Durante a xornada visitaron en Ferrol o Arsenal Militar, o museo da construción naval e o casco histórico da cidade e, en San Andrés de Teixido, os puntos máis emblemáticos da vila, incluíndo o santuario.
O Concello organiza este tipo de iniciativas como propostas lúdica, recreativas e culturais que se marcan como obxectivo esencial optimizar o tempo de lecer deste colectivo, animarlles a coñecer e visitar localidades próximas e axudar a tecer relacións sociais entre os asistentes.