· A taxa de paro rexistrado é do 10,87%, un 3,24% menos que no 2022 e un 12,77% menos que hai 10 anos, no 2023.
· Desde a Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) indican que estes bos datos teñen que ver cunha tendencia xeneralizada de baixada do paro en toda a comarca.
Segundo os últimos datos de desemprego, o mes de setembro de 2023 deixou o mellor dato neste sentido da historia de Camariñas, cunha taxa de paro rexistrado do 10,87%, que, de xeito inmediato, supón unha baixada do 3,24% con respecto á cifra obtida no mesmo mes do ano 2022.
As estatísticas tamén din que o número de parados rexistrado no último ano en Camariñas foi de dúas persoas. É aínda máis relevante a baixada das cifras de desemprego con respecto a obtida hai unha década, no ano 2013, cando se rexistrou unha taxa de paro do 23,64%, un 12,77% máis que agora.
Desde a Axencia de Desenvolvento Local (ADL) de Camariñas indican que estes bos datos teñen que ver cunha tendencia xeneralizada de baixada do paro en toda a comarca da Costa da Morte, que se reflicte en case todos os concellos. Tamén se indica que o desemprego está baixando na comarca desde o mes de febreiro pero é difícil prognosticar que esta tendencia continúe nos próximos meses.