O delegado da Xunta sinalou que a innovación, a calidade e a excelencia teñen que seguir sendo a folla de ruta para seguir consolidando este destino turístico
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou una Gala de Turismo Barbanza Arousa na que tamén se levou a cabo a entrega de dos distintivos SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino), que certifican a súa calidade.
O delegado territorial destacou, na súa intervención, que “Galicia superou cun gran éxito a celebración do Xacobeo 21-22 e con cifras pechadas ao mes de agosto, rexistrou no que vai de ano máis de 4,8 millóns de viaxeiros que realizaron máis de 9,5 millóns de noites en hoteis, pensións, cámpings, albergues, apartamentos turísticos e establecementos de turismo rural. Isto supón un incremento dun 6% con respecto ao ano pasado”. Neste senso, sinalou que a innovación, a calidade e a excelencia teñen que seguir sendo a folla de ruta para consolidar as boas cifras en Galicia e máis concretamente nesta comarca.
O representante do Goberno autonómico puxo en valor “o excelente traballo do xeodestino de Barbanza Arousa para ofrecerlle ao visitante todo o que pode descubrir neste territorio”.
Neste senso, apuntou que “unha das mellores novas destes ano foi a confirmación de que os portos deste xeodestino recibirán case un millón de euros para potenciar a ruta marítima Traslatio o que lles permitirá renovar e melloras as súas infraestruturas dentro do Plan do Xacobeo Next Generation que conta para toda Galicia con 39 millóns de euros”. Trenor sinalou que actuacións coma estas contribuirán decididamente no proceso de captación dos viaxeiros, que valoran produtos turísticos como os que se ofertan neste destino, baseados na natureza, o contacto coa poboación local e a calidade”.
Trenor rematou a súa intervención subliñando que “a colaboración entre administracións e o sector turístico sitúanos no camiño correcto para fortalecer a marca turística do Barbanza como parte esencial da marca Destino Galicia” e apuntou que “para lograr este obxectivo esta mancomunidade conta coa Xunta de Galicia”.