Friday 22 de November de 2024

Membros do equipo de goberno de Ribeira reúnense con Aguas de Galicia


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo e o concelleiro de Infraestruturas e Obras, Xabier Vidal mantiveron hoxe unha reunión coa administración de Aguas de Galicia para abordar temas relativos á limpeza dos ríos ao seu paso polo Concello.

Nun esforzo por preservar e manter os recursos hídricos locais, o Concello de Ribeira e Augas de Galicia formalizaron unha colaboración para levar a cabo tarefas de limpeza e mantemento dos ríos que atravesan o municipio. Esta iniciativa, que busca garantir a saúde dos ecosistemas acuáticos e evitar estragos, baséase na premisa de que a xestión responsable da auga é esencial para a sustentabilidade a longo prazo.

No encontro abordouse a coordinación de traballos de mantemento e limpeza, e o equipo de goberno solicitou á administración a limpeza do río Artes, o río Listres e o río Esteirón. “O concello encargarase de limpar os tramos de ámbito urbano ao seu paso polas estradas e preto das vivendas” explicou o alcalde Luís Pérez. Os representantes de Aguas de Galicia amosáronse receptivos ás preocupacións plantexadas polos concelleiros e comprometéronse a colaborar estreitamente co Concello dentro das súas posibilidades