Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Laxe colabora na posta en marcha de cursos de informática e iniciación ao coiro


• Realizaranse no local social Valle Inclán os mércores, de 17:00 a 20:00 horas, e os martes, de 19:00 a 22:00 horas, respectivamente

• As persoas interesadas xa poden inscribirse nestas dúas actividades, que darán comezo a partir de novembro

O Concello de Laxe colabora na posta en marcha de cursos de informática e iniciación ao coiro coa cesión do local social Valle Inclán para o seu desenvolvemento.

As sesións de informática terán lugar os mércores, de 17:00 a 20:00 horas, e están dirixidas a crianzas a partir de 8 anos. Serán impartidas por Lucía Castiñeira Recarey, enxeñeira técnica en informática de xestión. Ofreceranse clases individualizadas en grupos reducidos para que a rapazada poida aprender de xeito dinámico e cunha atención especializada.

As persoas interesadas poden inscribirse e solicitar máis información a través do número de teléfono 699 040 104.

Por outra banda, a asociación Corium Gallaecia organiza, en colaboración coa administración local, un novo curso de iniciación á artesanía do coiro para que as persoas participantes aprendan a traballar este material, creando produtos funcionais, duradeiros e únicos.

O curso desenvolverase entre o 7 de novembro e o 28 de maio de 2024 e as sesións terán lugar todos os martes de 19:00 a 22:00 horas.

Todas aquelas persoas que estean interesadas nesta actividade poden solicitar máis información e inscribirse chamando ao 696 604 367.

Desde o Concello animan á veciñanza a participar nestas actividades, xa que supoñen unha oportunidade para aprender cuestións básicas de informática desde novos e para crear accesorios únicos que poderán ser empregados no día a día.