O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para un obradoiro no que as persoas que participen aprenderán facer porquiños de barro. A actividade estará impartida polo ceramista Antón Román, vai dirixida a todos os públicos e ten unha duración de tres xornadas, 21 e 28 de outubro e 4 de novembro.
Para apuntarse, as persoas interesadas deben dirixirse á web municipal. Para obter máis información sobre o obradoiro é preciso dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz. Tamén é posible chamar por teléfono ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.