— Galicia é unha das tres comunidades elixidas formar parte desta actividade xunto con Castela–A Mancha e Madrid
— O obxectivo é facilitar aos rapaces claves para facer un uso seguro da internet, no marco dos obxectivos das estratexias Edudixital e Educonvives da Xunta
Máis de 1.000 alumnos de 4º de ESO de 34 centros educativos de Galicia participaran este curso na modalidade preamateur da V Ciberliga 2023, unha actividade teórico-práctica de formación en ciberseguridade e en prol dun exercicio responsable da cidadanía dixital. A iniciativa é impulsada pola Garda Civil e foron elixidas para participar nesta iniciativa Galicia, Castela–A Mancha e Madrid.
Será o Instituto Nacional de Ciberseguridade o que desenvolva a actividade ao longo do primeiro trimestre do curso 2023-2024, con dúas fases clasificatorias. A primeira delas, a nivel galego, consistirá nunha formación en streaming dunha hora de duración á que seguirá un ciber-reto nun espazo virtual seguro no que participará o alumnado en grupos de tres ou catro. Neste ciber-reto terán a oportunidade de por en práctica os coñecementos de ciberseguridade aprendidos na sesión anterior.
Pasarán á segunda fase, a nivel nacional, os cinco mellores equipos clasificados no ciber-reto a nivel galego. Desenvolverase, con similares características e probas, en Aranjuez (Madrid) do 14 ao 16 de novembro.
Os centros galegos participantes son os reflectidos na seguinte táboa:
Provincia | Concello | Centro |
A Coruña | A Coruña | CPR Calasanz – PP Escolapios |
A Coruña | A Coruña | CPR Plurilingüe Liceo La Paz |
A Coruña | A Coruña | IES Agra do Orzán |
A Coruña | Betanzos | CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen |
A Coruña | Cambre | IES David Buján |
A Coruña | Ferrol | CPR Plurilingüe Jesús Maestro |
A Coruña | Miño | CPI Castro Baxoi |
A Coruña | Narón | IES As Telleiras |
A Coruña | Noia | CPR Plurilingüe Maria Assumpta |
A Coruña | Rois | CPI Plurilingüe dos Dices |
A Coruña | Santiago de Compostela | IES Plurilingüe Rosalía de Castro |
Lugo | Burela | IES Perdouro |
Lugo | Cervo | IES Marqués de Sargadelos |
Lugo | Foz | CPR Plurilingüe Martínez Otero |
Lugo | Friol | CPI Dr. López Suárez |
Lugo | Mondoñedo | IES Plurilingüe San Rosendo |
Lugo | Monforte de Lemos | CPR Real Colegio Padres Escolapios |
Lugo | Sarria | CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción |
Lugo | Sarria | IES Gregorio Fernández |
Ourense | Coles | CPR Malvedo |
Ourense | Ourense | CPR Plurilingüe María Auxiliadora |
Ourense | Ourense | CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús |
Ourense | Verín | IES Xesús Taboada Chivite |
Pontevedra | A Estrada | IES Manuel García Barros |
Pontevedra | Marín | CPR Plurilingüe La Inmaculada |
Pontevedra | Meaño | IES de Meaño |
Pontevedra | Mos | IES de Mos |
Pontevedra | Silleda | IES Plurilingüe Pintor Colmeiro |
Pontevedra | Tui | CPR Santa María |
Pontevedra | Vigo | CPR Plurilingüe Labor |
Pontevedra | Vigo | IES Alexandre Bóveda |
Pontevedra | Vigo | IES de Teis |
Pontevedra | Vigo | CPR Plurilingüe Las Acacias |
Pontevedra | Vilagarcía de Arousa | CPR Plurilingüe Sagrada Familia |
Esta acción enmárcase no protocolo subscrito no ano 2022 pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Dirección Xeral da Garda Civil, así como nas estratexias Edudixital e Educonvives da Xunta de Galicia. Non en balde, a primeira delas prevé a formación dos estudantes para adaptarse aos desafíos que os esperan no ámbito educativo, persoal ou profesional; mentres que a segunda recolle como unha das súas liñas de actuación o establecemento de actuacións específicas cara a unha convivencia dixital responsable.