Thursday 21 de November de 2024

O Partido Popular, o Bloque Nacionalista Galego e Alternativa dos Veciños, denuncian a falta de transparencia do alcalde de Cambre, Óscar García


Patiño, por non querer dar explicacións sobre a grave situación do Concello ante o pleno da corporación e dos veciños.

Este martes 10 de outubro presentouse a solicitude de convocatoria do pleno extraordinario por parte de toda a oposición, ante a falta de explicacións do alcalde sobre esta situación inédita que atravesa o Concello, petición que foi denegada ao día seguinte para evitar a súa comparecencia pública ante os veciños e veciñas de Cambre, a pesar de que o alcalde non ten potestade legal para impedir a celebración deste pleno e dificultando o exercicio dun dereito fundamental dos concelleiros da oposición como é o de fiscalizar a actuación do goberno.

Os representantes do PP, BNG e Alternativa, reclaman explicacións directas ao alcalde nun pleno extraordinario da corporación, que é o órgano onde se debe facer, en lugar de dedicarse só a dar entrevistas e declaracións a través da prensa, co dano irreparable que se está facendo á imaxe e á credibilidade do Consello.

O alcalde e o seu goberno, de Unión por Cambre e do Partido Socialista, son os principais responsables de chegar a esta situación de colapso municipal, provocada pola mala xestión e a falta de responsabilidade por parte dos dirixentes do Concello, o alcalde como máximo autoridade debe velar polo seu bo funcionamento e debe comezar a asumir as responsabilidades por ter permitido que esta situación se producise.

Tamén se deben dar explicacións sobre as graves acusacións que se fixeron estes días sobre os funcionarios, así como as consecuencias sociais, económicas e xurídicas que pode supoñer toda esta situación á que chegou o Concello, dando a coñecer tamén as posibles solucións viables e realistas que adoptará o goberno municipal.