Friday 22 de November de 2024

Aberto o prazo de inscrición para as festas e obradoiros de Samaín nos Centros Cívicos


As actividades, de carácter gratuíto, terán lugar do 27 ao 30 de outubro

As prazas cubriranse por orde de inscrición en cada centro ata completar capacidade

Hoxe, venres 13 de outubro, abre o prazo de inscrición nas actividades infantís con motivo do Samaín 2023, que terán lugar nos Centros Cívicos Municipais.

Nos centros máis grandes terán lugar festas temáticas de Samaín, ás que os nenos e nenas poderán asistir disfrazados. Nos Centros Cívicos con menor capacidade levaranse a cabo outras actividades como obradoiros de arañas, meigas e monicreques relacionados co Samaín.

As actividades comezarán o venres 27 de outubro e rematarán o día 31 de outubro.
Programaranse nun total de 22 Centros Cívicos en horario de tarde, agás os obradoiros nos Centros Cívicos de San Pedro de Visma, Santa Margarida, santa Lucía e Castro de Elviña.
Todas as festas e os talleres son de balde. As prazas cubriranse por orde de inscrición nos propios centros ata completar a capacidade.

Calendario de festas
27 de outubro | De 17.30 a 20.30 | Centros Cívicos de San Diego, Novo Mesoiro e Cidade
Vella
28 de outubro | De 17.30 a 20.30 | Centros Cívicos de Monelos, Montealto e Os Rosales
29 de outubro | De 17.30 a 20.30 | Centro Cívico do Castrillón
29 de outubro | De 16.30 a 19.30 horas | Centros Cívicos de Labañou e Os Mallos

30 de outubro | De 17.30 a 20.30 horas | Centros Cívicos de Eirís e Novoboandanza
31 de outubro | De 17.30 a 20.30 horas | Centros Cívicos de Palavea e Elviña

Calendario de obradoiros
27 de outubro | De 17.30 a 19.30 horas | Centros Cívicos de Sagrada Familia e Feáns
28 de outubro | De 11.00 a 12.30 horas | Centros de San Pedro de Visma, Santa Margarida
e Santa Lucía
28 de outubro | De 12.00 a 13.00 horas | Centro Cívico de Castro de Elviña
30 de outubro | De 18.15 a 19.45 horas | Centro Cívico de Artesáns
31 de outubro | De 17.00 a 18.30 horas | Centros Cívicos de Pescadores e A Silva