Saturday 16 de November de 2024

Traballadores de Tungsten San Finx celebraron a súa patroa Santa Bárbara cunha visita ao museo das minas


Un grupo de dezaoito traballadores de Tungsten San Finx, empresa que explota a mina lousamiana, celebraron a súa patroa Santa Bárbara cunha visita ao museo das minas de San Finx. Unha visita que comezou ás 12:00 horas, na que estiveron guiados por persoal do Concello de Lousame, que lles explicou o traballo realizado para rehabilitar e poñer en valor todo este patrimonio industrial. Ás 13:00 horas, o grupo celebrou unha misa na honra a Santa Bárbara no exterior das minas.