Friday 22 de November de 2024

O Concello reclama a prolongación da liña de bus B-9 ata Dexo


Para mellorar o deficitario servizo de transporte público que a Xunta de Galicia presta á parroquia de Dexo, o Concello solicitou tanto á empresa concesionaria como á propia Xunta a prolongación da liña de bus B-9, que neste momento finaliza na Igrexa de Serantes e que dispón dunhas frecuencias moi superiores ás que actualmente hai nas localidades de Dexo e Lorbé. O Concello reclama o incremento do percorrido nun tramo de 1.500 metros, para dispoñer dunha parada no Campo Deportivo Municipal A Marola e outra na Casa do pobo de Dexo –dotada de un amplo espazo de estacionamento para deixar vehículos privados-.

Na última reestruturación do servizo de transporte público na comarca da Coruña, a Xunta de Galicia desatendeu a maior parte das demandas realizadas por parte do Concello de Oleiros: bus á universidade, buses nocturnos, melloras nas comunicacións de Iñás, Nós, Oleiros e Dexo… A única das solicitudes que se converteu en realidade foi a da mellora das frecuencias na localidade de Mera.