O Concello de Oleiros foi distinguido pola rede galega de praias sen fume por ter incluído todas a súas praias nesta iniciativa, que fomenta que non se fume nos areais. O municipio foi catalogado como membro de categoría de Ouro desta rede.
Esta é unha iniciativa autonómica que forma parte do Programa de Promoción da Vida sen Tabaco da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.