• A actuación forma parte do programa ‘Ler conta moito’ e será o sábado, 14 de outubro, ás 19:00 horas, no Salón de Actos Culturais
• Carmen Conde será a encargada da narración oral e creación e Diego Gallego de crear a atmosfera musical
O Salón de Actos Culturais do Concello de Laxe acollerá a actuación ‘Astrolabios’, de Tarabela Creativa.
A compañía ofrecerá un espectáculo dunha hora de duración na que o público se converterá en buscador de estrelas. Carmen Conde encargarase da narración oral para guiar ás persoas asistentes nunha viaxe ao espazo exterior mentres Diego Gallego crea unha atmosfera musical única.
Os pequenos e pequenas da familia farán un percorrido para coñecer o ceo desde diferentes culturas, mitos e lendas e coñecer algúns termos sobre astroloxía como as fases da lúa ou os fenómenos dos eclipses.
A actuación está enmarcada na programación cultural municipal para este outono 2023 e forma parte do programa de dinamización da lectura ‘Ler conta moito’ da Xunta de Galicia, que ten o obxectivo de achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica.