• DOWN ESPAÑA e DOWN CORUÑA inauguraron esta tarde o XXIII Encontro Nacional de Familias coa presenza de numerosas autoridades.
• Más de 500 persoas asisten na Coruña a este evento nacional que se celebra cada ano nun lugar diferente da xeografía española, e que é o máis esperado polo colectivo de persoas con síndrome de Down e as súas familias.
O XXIII Encontro de Familias de Persoas con Síndrome de Down de DOWN ESPAÑA e DOWN CORUÑA, inaugurouse esta tarde cun acto ao que asistiron 500 persoas de toda España, no que a música, o humor e as reivindicacións do colectivo foron as protagonistas dentro do impresionante auditorio de Palexco, na Coruña.
Ademais de familias de persoas con síndrome de Down vindas de toda España, a inauguración deste Encontro contou coa presenza numerosas autoridades que quixeron apoiar a DOWN ESPAÑA e á asociación anfitrioa, DOWN CORUÑA. Entre elas, a Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Elena Rivo; a Concelleira coordinadora da área de Benestar Social do Concello da Coruña, Yoya Neira; a Deputada provincial de Política Social, Educación e Mocidade, Mª del Mar García; a Comisionada para Universidades, Mocidade e Plans Especiais de Fundación ONCE, Isabel Martínez; o Secretario Xeral de ONCE, Rafael de Lorenzo; a Directora Xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón; o Secretario Xeral Técnico de Sanidade da Xunta de Galicia, Alberto Fuentes; o Presidente de DOWN ESPAÑA, Mateo San Segundo, o Presidente de DOWN CORUÑA, Ricardo Santos e o Presidente de DOWN GALICIA, Delmiro Prieto.
A actriz e presentadora coruñesa, Estibaliz Veiga, foi a encargada de presentar o acto xunto a Pedro Barreiro, un mozo con síndrome de Down de DOWN CORUÑA, que se mostrou realmente ilusionado por esta responsabilidade. Ademais, os asistentes puideron gozar de varias actuacións musicais e moi roqueras da man do ex vocalista de Sinestro
Total, Miguel Costas, acompañado da banda galega Novo Plan.
Os presidentes das asociacións de persoas con síndrome de Down comezaron agradecendo a asistencia a todas as familias, -máis de 500 persoas vindas de toda Españaal Encontro. Ricardo Santos, Presidente de DOWN CORUÑA, quixo tamén dar unha calorosa benvida á cidade herculina a todos os asistentes. “Este encontro é unha oportunidade única para unirnos como colectivo, aprender uns doutros e seguir avanzando xuntos na construción dun mundo máis inclusivo e equitativo para as persoas con síndrome de Down”, afirmou.
Pola súa banda, Mateo San Segundo, Presidente de DOWN ESPAÑA, quixo destacar que este Encontro “é tamén un momento ideal para recargar as pilas e seguir traballando para afianzar o conseguido ata o de agora e mellorar as condicións de vida das persoas con síndrome de Down”.
“As familias das persoas con síndrome de Down somos o motor dos cambios que se produciron e vanse a producir no futuro non hai outro camiño mellor! […] pero non nos equivoquemos. Non todo o que conseguimos ata o de agora vaise a manter se non seguimos reivindicando e esixindo cada día o seu cumprimento. Aínda quedan moitas cousas por facer e por conseguir, e as grandes conquistas sociais, como a nosa, son carreiras de fondo”, afirmou San Segundo no seu motivador discurso.
Na súa intervención, a Conselleira de Emprego, Elena Rivo quixo destacar que, desde a Xunta de Galicia, traballan “pola inclusión das diferentes capacidades concienciando sobre a necesidade de contar con talentos diversos que axudan a crear unha sociedade máis xusta, inclusiva e tolerante”.
Pola súa banda, a concelleira Yoya Neira, subliñou que “quedan moitos retos para as persoas con síndrome de Down, entre eles lograr unha educación en igualdade e o acceso a titulacións; mellorar o investimento en investigación e a inserción laboral plena”. Neste sentido, destacou “a extraordinaria experiencia que supuxo para o Concello a colaboración con DOWN CORUÑA para a posta en marcha do Quiosco Down Experience”.
Por último, Isabel Martínez, comisionada de Fundación ONCE, felicitou a “a gran familia do colectivo de persoas con síndrome de Down e as súas familias polo camiño percorrido xunto á Fundación ONCE nas dúas últimas décadas. Doutra banda, recalcou a “necesidade de seguir traballando xuntos para conseguir superar o estigma social da diferenza e ter oportunidades de vida digna en todos os momentos da vida das persoas con síndrome Down. Así como investindo en investigación, saúde, educación, emprego, deporte para garantir dereitos e unha vida autónoma”.
Premios Trevo á Solidariedade
Outro dos esperados momentos deste acto foi a entrega dos Premios Trevo á Solidariedade que DOWN ESPAÑA concede cada ano a persoas, institucións ou empresas que mostran o seu compromiso pola inclusión das persoas con síndrome de Down na sociedade. Este ano, os galardóns recaeron na plataforma dixital EH Universo Media, que recolleu o seu fundador Javier Ivanyez e na empresa Vegalsa-Eroski, cuxo director xeneral Joaquín González, recibiu con enorme ilusión.
O acto finalizou cun orixinal cocktail amenizado con música en directo a cargo da banda coruñesa Smoke.
Este evento conta co patrocinio de: Fundación ONCE, Comar, Palexco, Xunta de Galicia, Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Concello da Coruña, Fi Grupo, Vegalsa, Emetel, Congalsa, Esco, Estrela Galicia e Porto da Coruña.
Ademais, colaboran: We Sustainability, CEGA Audiovisuais, Led Display Solutions, O Quiosco Down, NH Collection #Finisterre, Fantasía Animación, Coruña Cociña, A Tita Rivera, Cavélicco, Talentum Conferencias e Editorial A Capital, xunto a Radiocoruña Cadea Ser e El Ideal Gallego, como media partners.