Saturday 16 de November de 2024

Abegondo e a Fundación Cibervoluntarios unirán forzas para combater o desemprego


• O Concello e a entidade organizan unha xornada de formación dixital que levará a cabo o 25 de outubro na aula municipal de informática.

A Fundación Cibervoluntarios organiza, en colaboración co Concello, unhas xornadas informativas para combater a fenda dixital e mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego. A formación, 100 % gratuíta, impartirase o mércores, 25 de outubro, na aula municipal de informática en horario de 9.30 a 13.30 horas.

Ao longo do programa abordaranse temáticas como a procura de emprego na internet (portais de emprego e outros medios dixitais) e o uso de LinkedIn para atopar traballo (persoal branding, reputación dixital, mellora do perfil etc.)/ etc.).

As persoas interesadas deberán chamar aos teléfonos 981 647 996, extensión 132, (ADL Abegondo) ou ao 981 647996, extensión 125, (Servizo de Orientación Laboral).