Repartiranse agasallos entre as persoas que se acheguen así como ás socias máis lonxevas e con récord de préstamos de cada biblioteca
A primeira actividade será a saída e encontro dos clubs de lectura co escritor Haruki Murakami en Asturias con motivo da celebración dos premios Princesa de Asturias 2023
O Concello da Coruña conmemorará o 24 de outubro o Día das Bibliotecas cunha decena de actividades presenciais e virtuais para todos os públicos nas diferentes bibliotecas da cidade. A programación das actividades xorde da aposta do Goberno de Inés Rey pola promoción da lectura e posta en valor da rede de Bibliotecas Municipais da Coruña.
As actividades programadas desenvolveranse en diferentes espazos e días, aínda que a gran maioría terán lugar o propio 24 de outubro cando tamén se repartirán agasallos entreas persoas que se acheguen aos diferentes recunchos literaios da rede. Tamén se lleentregará un agasallo ás persoas socias con máis anos de carné en cada unha das bibliotecas así como a aquelas que neste 2023 reuniran un maior número de libros emprestados.
A primeira das actividades terá lugar o vindeiro mércores 18 de novembro. As persoas asociadas aos clubs de lectura da Coruña realizarán unha saída á cidade de Gijón, en Asturias, para manter un encontro literario co escritor xaponés Haruki Murakami, galardoado co Premio Princesa de Asturias 2023. O encontro, de carácter privado, forma parte da axenda de actividades do escritor no marco da súa visita polos premios, mantendo unha xuntanza no Teatro Jovellanos con persoas membros dos clubs de lectura de Bibliotecas Públicas de toda España.
A elas sumaranse outras citas repartidas nas bibliotecas orientadas a público infantil, xuvenil e adulto ou para a aprticipación dos Clubs de Lecturas da rede de Bibliotecas Municipais da Coruña. Ademais, con motivo do día das Bibliotecas, publicaranse nas redes socias das Bibliotecas da Coruña tres conversas de lectura en liña con Carolina Rapaos Barreira, Ana Louzán, Iolanda Sánchez, vinculadas á biblioteca do Ágora; así como a peza audiovisual ‘O falar non ten cancelo’, de Boyanka Kostova, que recolle a entrevista realizada dende as bibliotecas municipais ao grupo musical.
Concerto de Boyanka Kostova
Este sábado 14 de outubro, o Centro Sociocultural Ágora acollerá unha nova edición do AgoraSón de outono co concerto de Boyanka Kostova. A iniciativa, que se leva a cabo co gallo do Día das Bibliotecas, está promovida polo equipo de profesionais do Servizo de Normalización Lingüística, coa colaboración da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña.
A actuación de Boyanka Kostova, dúo compostelán pioneiro no xénero do trap en galego, dá continuidade á aposta do Concello polos artistas da nosa terra en citas como o AgoraSón. Terá lugar ás 21.00 horas previa retirada de convites.
Calendario de actividades
18 de outubro
Clubs de lectura | 19.00 horas | Encontro dos clubs de lectura con Haruki
Murakami en Gijón
Día das Bibliotecas | 24 outubro
Biblioteca Durán Loriga | 18.30 horas | Encontro coas bookstagramers Littera
Lupa e Surfeando libros (Previa inscrición: 17 de outubro ás 10.00 horas)
Biblioteca de Estudos Locais | 19.00 horas | Homenaxe á Biblioteca do
Consulado, primeira biblioteca pública da cidade (Previa inscrición: 17 de outubro ás 10.00 horas).
Fórum Metropolitano | 11.30 horas | Obradoiro Interxeracional de Xogos de Mesa co alumnado do IES Fernando Wirtz e usuarios do programa “Mayores y Más” de Accem Galicia
Fórum Metropolitano | 16.30 horas | Amigonianos Galicia: unha visita inclusiva á biblioteca con contacontos final
Biblioteca dos Rosales | 18.30 horas | Obradoiro de bordado literario con Lúa Mosquetera: encontro interxeneracional (Previa inscrición: 17 de outubro ás 10.00 horas)
Centro Ágora | 19.00 horas | CinecLuBT: mulleres LBT 25 de outubro
Biblioteca de Estudos Locais | 17.00 horas | Xornada ‘Ando na Coruña: vida máis aló de Hércules’ e visita guiada da Coruña romana con María Pardo, ao alxibe da rúa Franxa e ás murallas
26 de outubro
Biblioteca de Estudos Locais | 11.00 horas | Visita dos Clubs de Lectura á exposición sobre a Historia da enfermidade da variola, organizada pola Real Academia de Medicina de Galicia
Actividades virtuais
O falar non ten cancelo, de Boyanka Kostova | Ligazón á peza audiovisual que recolle a entrevista realizada dende as bibliotecas municipais ao grupo Boyanka Kostova, considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Conversas con…Suma Ágora | Tres conversas, dispoñibles para a súa lectura en liña, con Carolina Rapaos Barreira, Ana Louzán, Iolanda Sánchez, mulleres vinculadas co traballo desde a biblioteca do Ágora.