Friday 22 de November de 2024

Finaliza a fase de apoios dos Orzamentos Participativos coa participación de 3.514 persoas


O distrito número 7 foi o que que rexistrou unha maior participación na fase de apoios

A fase final de votación de proxectos comezará o 25 de outubro e prolongarase ata o día 2 de novembro

A septima edición dos Orzamentos Participativos do Concello da Coruña pechou a súa segunda fase, a de apoios, cunha participación de 3.514 persoas. Para esta fase seleccionáranse como viables un total de 318 propostas, 60 para o conxunto do termo municipal e 258 repartidas nos distintos distritos.
En total, emitíronse un total de 13.596 apoios. O distrito que rexistrou unha maior participación foi o distrito número 7, que acolle os barrios da Gaiteira, Elviña, Castrillón e Eirís.

Os orzamentos participativos 2023 contan cun orzamento de 2,5 millóns de euros repartidos en investimentos para toda a cidade, para os que se reserva 1 millón de euros, 1,5 millóns de euros a repartir nos dez distritos da Coruña, con 150.000 euros para cada un deles.

A fase final de votación dos proxectos comezará o 25 de outubro e prolongarase ata o día 2 de novembro. Para participar pódese votar en liña, a través da web do Concello no apartado ‘Na Coruña Contas’ ou de forma presencial nos rexistros localizados no Palacio de MaríaPita, no Centro Sociocultural Ágora ou no Fórum Metropolitano. Ademais, habilitaranse seis urnas en distintos puntos da cidade co obxectivo de facilitar a votación.

Os resultados publicaranse o día 3 de novembro