Friday 22 de November de 2024

O alumnado do obradoiro de carpintería da UAD restaura o barco da rotonda de Xarás


O alumnado do obradoiro de carpintería da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Ribeira estivo a traballar na restauración do barco da rotonda de Xarás; baixo a dirección do educador Manuel Casais.

Esta actividade pon en valor unha vez máis o traballo da unidade na restauración de espazos e elementos ribeirenses de gran valor arquitectónico e etnográfico. O alumnado deste obradoiro tamén traballou na restauración do Pazo, hórreos e mobiliario das casas na Illa de Sálvora.

Estes traballos realizados co monitorado da UAD teñen un gran valor inclusivo e integrador, e son moi positivos na rehabilitación e a reinserción dos usuarios; xa que non só ofrecen oportunidades para o desenvolvemento de habilidades, se non que tamén brindan unha vía efectiva para avanzar cara a recuperación.