Seguindo o exposto polo alcalde, D. Óscar García Patiño e o seu goberno (UxC e PSOE), nos medios de comunicación nos últimos días, sobre a situación económica e de xestión do Concello, onde se destaca a súa gravidade nas súas propias palabras alcalde: “O Concello de Cambre está bloqueado”.
Esta grave situación de colapso na xestión do Concello está a provocar a interrupción dos servizos públicos básicos ou o impago de débedas pendentes do Concello así como o atraso no pago das axudas e subvencións, está a provocar numerosas protestas e inquedanzas do sector empresarial, dos traballadores e veciños, que reclaman obter respostas directas do alcalde e non só a través da prensa.
Tamén para dar explicacións ás graves acusacións formuladas sobre o traballo do secretario municipal e da interventora, a quen o alcalde responsabiliza desta situación.
O alcalde, como máxima autoridade, debe velar polo bo funcionamento do Concello e debe responder ás preguntas dos membros da corporación sobre esta situación inédita á que se chegou, con todas as consecuencias sociais, económicas e xurídicas que poida supoñer. así como dar a coñecer as posibles solucións viables que adoptará o goberno municipal.