Saturday 16 de November de 2024

Sen lingua, ópera rock este sábado no Gabriel García Márquez de Mera


O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Serea Producións presenta a obra de teatro Sen lingua, dirixida por Noelia Papín, coa interpretación de Noelia Papín e Vicente Mohedano. As entradas teñen un prezo de 4 euros e poderanse adquirir desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

A obra comeza nunha sala de espera dunha prestixiosa coach emocional agarda un matrimonio. Amador é un financeiro de éxito, Amanda é avogada laboralista que xa non exerce. O home está ansioso por marchar da sala. Hai un asunto moi importante que ten que solucionar, o seu futuro depende diso, pero ningún dos dous pode saír da sala. Amador comeza a falar, Amanda atende. Amador dirixe a conversa en todo momento e non deixa que Amanda partícipe. Amanda busca desesperadamente camiños para expresarse, pero Amador non a ve, non a escoita, non a sinte. Amanda vaise facendo invisible, pequena, muda. Amador vaise facendo grande, omnipresente, ameazante, un monstro con dúas linguas.