Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Frades organiza unha andaina solidaria o mércores 1 de novembro en favor da iniciativa “A Ilusión de Sergio”


A cota de inscrición é de 5 euros (menores de 10 anos de balde) e as inscricións deberán facerse no Concello antes do 30 de outubro

O Concello de Frades organiza unha andaina solidaria en favor de “A ilusión de Sergio”, unha iniciativa que busca recadar fondos para que este mozo de Mesía poida acceder a unha terapia xénica que lle permitiría mellorar dunha enfermidade ultrarrara que padece: a paraparesia espástia tipo 50, que causa déficit cognitivo, dificultade para camiñar e falar, ataques epilépticos…

A andaina solidaria terá lugar na xornada festiva do mércores 1 de novembro, a partir das 10:00 horas, e incluirá un percorrido de 6,5 km de dificultade media-baixa entre a praza publica de Ponte Carreira e Augasantas, ida e volta. As inscricións terán un custo de 5 euros (menores de 10 anos de balde) e poderán facerse nas oficinas do Concello (981 695 567) antes do luns 30 de outubro. A actividade é apta para todas as idades.

Todo o recadado irá destinado á Fundación Columbus, para colaborar no caso de Sergio. A maiores, haberá un peto solidario para recoller donativos na propia Praza de Ponte Carreira, onde ao rematar a andaina haberá bebida e froita para todas as persoas participantes. Colaboran os supermercados Claudio e Tandy, de Ponte Carreira.