O concello de Ribeira adxudicou a instalación de luces LED na Praza Avenida do Malecón cun presuposto de licitación de 48.394,97 euros.
A praza Avenida do Malecón e o parque infantil son un espazo de recreación pero tamén sitio de paso para o acceso a diversos lugares de interese cidadán; como a Oficina de Consumo e Turismo de Ribeira, o Centro de Saúde ou a Axencia Tributaria. A iluminación existente non é suficiente para garantir a seguridade dos visitantes e o correcto funcionamento do parque; por iso o reforzo lumínico nesta praza pública vólvese esencial para facer un uso axeitado e seguro da zona. O reforzo consistirá na instalación de 3 columnas dotadas de 15 proxectores con ópticas LED.
“Unha iluminación axeitada contribúe a crear unha contorna segura para a veciñanza, especialmente para os nenos que xogan no parque. Permite unha mellor visibilidade, reducindo os riscos de accidentes” afirma o alcalde Luís Pérez.
O proxecto, cofinanciado nun 80% polo “Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible, executarase no prazo dun mes.