Polo menos nunha, da súa ducia de propiedades en Oleiros, na que é copropietario, crece e reproduce esta mala herba.
Radio Oleiros emite anuncios lembrando a obrigación dos propietarios de retiralos.
O alcalde de Oleiros leva anos perseguindo a planta dentro e fóra de Oleiros e a quen considera responsables da súa proliferación , e isto está ben, gastando inxentes cantidades de diñeiro público niso, e isto xa non tanto.
“O éxito da súa cruzada é máis que dubidoso” valorou Vanessa Domínguez .
Para o Partido Popular de Oleiros a praga non se atalla única e exclusivamente con propaganda e menos aínda, con “slogans” cutres acompañados de fotomontaxes aínda máis cutres.
“Nunha das súas múltiples propiedades en Oleiros campa ás súas anchas a herba da Pampa” ironizou a concelleiro popular.
O Alcalde é propietario do 40% da leira no sitio Dás Queirugas, en especial Cumeallas, lugar de Campamento , Parroquia de San Jorge de Iñas, de 18.936,46 m2, no Concello de Oleiros.
” Recoñezo que para os grandes terratenientes é moi difícil levar o control do que crece nas súas múltiples propiedades pero aínda así debese de visitalas en máis ocasións e non só con motivo da súa venda especulativa”
Pero se por se todo isto fose pouco, permítese manifestacións tanto orais como escritas como as efectuadas recienteme nos plenos da Deputación e do Concello desta semana.
‘Esa vehemencia que lle leva á ameaza, ao insulto , non é máis que unha pose, un numerito aos que ten afeito aos Oleirenenses aos que leva 40 anos tomando o pelo”
” A hipocrisía do Sr. García Seoane é inconmensurable, quedou retratado” resolveu a concelleira do PP.