Thursday 21 de November de 2024

A aula Cemit comeza novos cursos sobre competencias dixitais


O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez Puerta, presentou hoxe os cursos que comezarán na Aula Cemit o vindeiro 16 de outubro.

O primeiro será sobre Competencias Dixitais, con contidos relacionados coas utilidadesdo ordenador, navegación en Internet e manexo de buscadores. O segundo curso será sobre Sede electrónica e certificado dixital, co propósito de “aprender a solicitar, renovar ou anular o certificado dixital; e realizar trámites electrónicos” explicou o concelleiro.

Ambos cursos terán quendas de mañá e tarde e desenvolveránse en outubro e novembro. Suárez-Puerta tamén destacou a charla sobre Ciberseguridade que terá lugar o vindeiro 26 de outubro na Aula Cemit, co propósito de “informar sobre riscos e medidas preventivas en materia de seguridade cibernética”.