O Concello de Oleiros ingresou este verán 181.026,67 euros grazas ao servizo de regulación de aparcamentos existente nas frontes marítimas de Santa Cristina, Bastiagueiro, Santa Cruz e Mera. Estes ingresos contribúen a paliar os máis de 400.000 euros de gastos extraordinarios que supoñen os servizos destinados ás praias – socorristas, limpeza, persoal de Servizos, Policía,…-.
O principal obxectivo da ORA é fomentar a rotación de vehículos e impedir que los mellores estacionamentos estean copados todo o día polos mesmos coches. Deste modo, beneficiase a numerosos negocios de hostalería e locais comerciais que existen nas frontes marítimas do municipio que ven como os seus clientes dispoñen de prazas libres para aparcar os seus vehículos. Coa ORA tamén se contribúe a reducir o uso do coche privado e optar por outros medios de transporte.
Nas rúas nas que se aplica a ORA non hai vivendas ou se as hai dispoñen de garaxes para o estacionamento de coches.