Friday 22 de November de 2024

Tres novos grandes murais en Oleiros, Montrove e Bastiagueiro para seguir enchendo as rúas de arte


Acaban de finalizar os traballos artísticos de creación de tres novos murais en paredes e espazos públicos do Concello. Nesta ocasión, Xoana Almar e Ana Lageheldt, Miguel Golmayo e Yoseba Muruzábal son os autores das novas obras de arte realizadas en Bastiagueiro, Montrove e Oleiros.

O depósito de auga de Montrove pasou polas mans de Almar e Lageheldt para representar “o nacemento da conciencia”, unha alegoría da creación de elementos naturais e a súa transformación. Golmayo transformou parte dos muros da praia de Bastiagueiro nun gran mural que evoca “o amor eterno entre a auga e a terra”. Muruzábal utilizou o argumento da mítica emisora Radio España Independiente, a Pirenaica, para personalizar unha parede do edificio de Radio Oleiros, na zona traseira do Concello.