• As persoas interesadas poderán formalizar a súa matrícula ata o venres, 20 de outubro, na Aula de Música
• As clases están dirixidas a persoas de máis de cinco anos e non hai límite de idade
O Concello de Laxe abre hoxe, 5 de outubro, o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Música para o curso 2023/2024, que dará comezo na última semana de outubro.
A folla de matrícula poderá cubrirse na Aula de Música municipal, en horario de 10:00 a 14:00 horas, ata o vindeiro venres 20 de outubro. Poderán inscribirse todas aquelas persoas interesadas maiores de cinco anos.
Ofreceranse, de maneira completamente gratuíta, clases nas seguintes modalidades: canto (voz), guitarra, piano, acordeón, frauta, percusión e linguaxe musical.
As persoas interesadas poderán consultar toda a información consultando nos teléfonos 981 70 69 03 ou 881 045 854 ou a través do correo electrónico cultura@concellodelaxe.com.