Coa finalidade de garanti-la seguridade no desenvolvemento da VI Subida á Curota que terá lugar no 7 de outubro, efectuaranse dous cambios no que respecta á circulación.
O carril na dirección a Ribeira da AC-302 permanecerá cortado dende as 16.30 ata as 20.30 horas. Tampouco se permitirá o tráfico durante ese período na estrada da subida á Curota dende Moldes (DP-6705).