Saturday 16 de November de 2024

O Centro Municipal de Formación aposta pola formación para o emprego con dous novos cursos de soldadura e cociña


Inscríbete na oficina de emprego, e se precisas máis información podes dirixirte ás oficinas municipais do 2º andar do Fórum Carballo

O Centro Municipal de Formación, xestionado pola Concellaría de Innovación, Fondos europeos, Formación, Emprego e Axenda urbana, aposta pola formación dos mellores profesionais para dúas profesións con gran saída laboral: soldadura e cociña. O 2 de novembro poremos en marcha un curso en cada unha destas especialidades e tes a posibilidade de participar.

COCIÑA con 828 horas (02/11/2023-20/06/2024, en horario de 9.00 a 14.00)
SOLDADURA CON ELECTRODO E TIG con 758 horas (02/11/2023 – 06/05/2024 en horario de 8.30 a 14.30)
Ámbolos cursos son de nivel II, é dicir, as persoas participantes deben posuír, mínimo, algunha das seguintes titulacións:

ESO
Certificado de profesionalidade de nivel II de calquera familia
Certificado de profesionalidade de nivel I da mesma familia e área profesional
Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas
Proba superada de acceso a universidade para maiores de 25 anos ou de 45
Superadas as competencias clave de nivel II
As persoas interesadas deben acudir á oficina de emprego para inscribirse, pero se precisades calquera información adicional podedes dirixirvos ás oficinas municipais do segundo andar do Fórum Carballo ou chamar aos números de teléfono 981 709 010 / 981 709 011.