A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e varias representantes da Corporación municipal recibiron esta mañá a Jaione Camborda, Andrea Vázquez e Janet Novás, directora, produtora e actriz do filme galego ‘O Corno’ que o pasado 30 de setembro foi galardoado coa Cuncha de Ouro á mellor película na 71ª edición do Festival de Cine de San Sebastián.
Tras ser recibidas pola rexedora, a directora de ‘O Corno’, Jaione Camborda, asinou no Libro de Honra do Concello, en presenza de varias representantes dos grupos municipais.
Baixo a dirección e o guión de Jaione Camborda e producida pola empresa compostelá Miramemira (Andrea Vázquez) e Elastica Films (María Zamora), ‘O Corno’ convertiuse o pasado 30 de setembro na primera película en lingua galega en gañar a prestixiosa Cuncha de Oro do Festival de Cine de San Sebastián. O filme, que tivo a súa estrea pública na sesión inaugural da 20ª edición do Festival Curtocircuíto, chegará ás salas de cinema a vindeiro 11 de outubro.