Friday 22 de November de 2024

Finalizadas as obras de pavimentación de pistas na zona do río Castro


O Concello de Neda dá por finalizadas as obras de acondicionamento dos camiños das Barreiras, Os Tortos e Riocobo tras rematar os últimos traballos de sinalización horizontal. Contemplaron o aglomerado dos tres viais municipais, que presentaban ata ese momento firmes pavimentados por medio de regos asfálticos e en avanzado estado de deterioro.

As intervencións, nas que se investiron algo máis de 80.000 euros, financiáronse con fondos propios, e requeriron de diferentes autorizacións sectoriais ante Augas de Galicia e a Axencia Galega de Infraestruturas.