Friday 22 de November de 2024

Os concellos de Carballo e Barreiros avanzan en novas vías de colaboración institucional


A alcaldesa do concello lugués, Ana Belén Ermida, e o alcalde carballés, Evencio Ferrero, mantiveron un novo encontro de traballo

Despois da visita realizada no ano 2020, un mes antes da declaración do estado de alarma, a alcaldesa de Barreiros (Lugo), Ana Belén Ermida Igrexa, achegouse este luns de novo a Carballo para seguir avanzando nas vías de colaboración institucional abertas entre ámbolos concellos.

Ana Belén Ermida, que acudiu acompañada pola concelleira Montserrat Porteiro Sánchez, titular das áreas de Igualdade, Educación e Saúde, mantivo unha primeira xuntanza co alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes e Participación Veciñal, Daniel Pérez, e despois continuou a xornada de traballo na oficina técnica municipal.

Carballo é un concello modélico na prestación de servizos, como demostran as continuas visitas que estamos a recibir por parte de distintas corporacións galegas para coñecer de preto o funcionamento do noso concello en diferentes áreas, ou tamén, coma neste caso, para abordar a colaboración intermunicipal nos procesos de selección de persoal.