O grupo coruñés Amoeba Split ofrece un concerto este sábado ás 20:30 horas no auditorio da Fábrica. O acceso é gratuíto con invitación, que poderá recollerse unha hora antes no propio auditorio da Fabrica.
Amoeba Split interpretan un tipo de música enmarcada dentro do denominado “jazz-rock progresivo”. As influencias de Amoeba Split son principalmente bandas británicas dos anos setenta, como King Crimson, Soft Machine ou Caravan, aínda que son considerados pola maioría dos expertos como un grupo de “Sonido Canterbury”.
En abril de 2023 publicaron o seu terceiro disco, “Quiet Euphoria”, actualmente situado no número 1 de todos os editados no mundo por Progarchives, referencia no estilo. Ademais, o devandito traballo disco alcanzou o segundo posto na lista dos 250 mellores discos de estudo publicados nos últimos 25 anos do rock progresivo internacional, logro nunca antes acadado por ningún outro grupo do estado.