Thursday 21 de November de 2024

Alternativa critica o acordo PSOE-PP para que o alcalde de Abegondo siga presidindo o Consorcio


Alternativa dos Veciños denuncia que non ten sentido que o alcalde de Abegondo, repita como presidente do Consorcio das Mariñas, tendo en conta que é o único alcalde do Partido Popular e representa ao municipio de menor poboación do Consorcio. Unha reeleción que foi posible grazas aos votos dos 3 alcaldes do PSOE, a forza maioritaria no ente comarcal, e ao de Cambre, dun partido independente.

“É vergoñento o que ocorreu. Nos propoñíamos que a presidencia fose para alguén do PSOE. Porén, preferiron darlle a presidencia a un alcalde do PP, que paralizou o Consorcio durante os últimos dous anos. Todo isto nun momento no que temos que solucionar a licitación do servicio de recollida de lixo. Igual aí está a cuestión deste acordo, xa que se o Consorcio renuncia a vertelo na planta de Nostián, o Concello da Coruña, tamén do PSOE, podería especular con ese solo pegado ao porto exterior” asegurou Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños.